QUEN SOMOS

Somos unha asociación cultural sen ánimo de lucro que naceu en Lugo no ano 2004.

Que perseguimos?
  • Colaborar na dinamización cultural da cidade de Lugo e no fornecemento do seu tecido cultural. 
  • Contribuír á promoción do teatro galego e das artes escénicas en xeral.
  • Fomentar un maior coñecemento do valor social, cultural, educativo e mesmo terapéutico das artes escénicas.
  • Favorecer ó acceso á cultura teatral de colectivos socialmente vulnerables e/ou economicamente desfavorecidos.

Que facemos?
  1. Mantemos unha programación cultural estable e continuada ó longo do ano no Local Hipócrita.
  2. Creamos e poñemos en escena espectáculos teatrais de diferentes xéneros, temática e formato.
  3. Organizamos actividades formativas para adultos e para menores relacionadas coas artes escénicas.
  4. Colaboramos con outras entidades culturais e socias en diferentes proxectos.