EN CARTEL

Menestra de testosterona
(Unha comedia aceda de humor intelixente)
sinopse: 
“Ninguén me advertiu do difícil que é ser muller”, reflexiona Lucrecia, que busca axuda terapéutica para pescudar nas causas dos seus continuos fracasos sentimentais. Da man do doutor Casa, a protagonista repasa, en clave de humor, as súas relacións co sexo masculino e descobre que todas elas teñen un denominador común: a “menestra de testosterona”.

Comedia aceda de humor intelixente, “Menestra de testosterona” explora algúns dos estereotipos machistas que aínda seguen vixentes na nosa sociedade, non só no papel dos homes senón tamén no das mulleres.
Preestrea (Foto: Daniel Trigo)

Hotel Desencanto
(Comedia, suspense, intriga)
sinopse: 

O Hotel Desencanto non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ó hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable. Lograrano?
PREME AQUÍ PRA VER O TRAILER DA OBRA


TEATRO BREVE

INRI (Iniciativa Nacional polos Recortes Idiomáticos), peza satírica de 15 minutos escrita por X. Manuel Pazos Varela e interpretada por Carlos Rebolo, Natalia Fernández e Jorge Rodríguez.
Foto: Juan Rivas
A última pregunta, peza de 15 minutos escrita por Nancho Novo e interpretada por Carlos Rebolo e Natalia Fernández.
Foto: Juan Rivas

CONTACONTOS MUSICADO

Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, espectáculo para adultos, sobre textos orixinais de María García e música composta e interpretada por Beatriz Pérez.

Foto: Juan Rivas