2012

             

Iván Redondo e Elea López
Durante o 2012, HT mantén en cartel "Unha historia con pau" e "Escabeche", crea e pon en escena "Emperador, que pensas? Fala!" e realiza outras actividades relacionadas co mundo do teatro amador.



Organización, xunto co grupo de teatro Achádego, da mostra FEGATEA MÓVETE en Lugo, durante o mes de febreiro.

Reunión comisión autofinanciamento

Traballo na Comisión de Autofinanciamento da FEGATEA.

 
Colaboración coa Deputación Provincial de Lugo na presentación dos Circuítos Buxiganga 2012.


Asistencia ao Curso de Dirección de Escena organizado pola FEGATEA e impartido por Julián Herrero (Santiago 17 e 18 de marzo).

Membros de Auxilia e de Hipócrita durante a performance
 
Colaboración coa Asociación AUXILIA- LUGO no acto de inauguración, no Museo Provincial de Lugo, da exposición retrospectiva "40 anos rodando" (14 de xuño).  Presentación dunha performance inspirada na historia da Asociación, coa participación de varios membros da mesma e a música en directo de Yury Sidar.

Asistentes á I Mesa do Teatro Transfronteirizo
  










Participación na I Mesa de Traballo do Teatro Transfronteirizo organizada pola FEGATEA en Salvaterra do Miño (11 e 12 de agosto)


José León, Carlos R, María G., Elea López e Vadim Yukhnevich en "Chaplin".
Creación e interpretación da proposta multidisciplinar "Onde Chaplin esqueceu o seu paraugas" sobre textos de Mª José García, en colaboración con José León, de Carfax Teatro, e co músico Vadim Yukhnevich, peza que pechou as xornadas celebradas en Salvaterra.






Organización, xunto co grupo de teatro Achádego, da mostra FEGATEA MÓVETE en Lugo, durante o mes de setembro.


Asistencia ao curso de Voz organizado pola FEGATEA e impartido por Mónica de Nut (Santiago, 24 e 25 de novembro).
Elea López, Carlos Rebolo, María G. e Jose´León despois da Gala









Colaboración coa FEGATEA na gala de entrega do II Premio FEGATEA á Animación Teatral, concedido ao Proxecto Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Membros de HT xunto con José León de Carfax Teatro, crearon e puxeron en escena unha acción teatral como presentación da gala. 

Faladoiro con antigos alumnos/as da Ecola de Barredo
   


Organización do I Encontro Interxeracional "Avoa escola" na antiga escola rural de S. Andrés de Barredo, coa colaboración de veciños/as desa parroquia e do concello (20 de decembro).