2014

Paula e Ángeles
Natalia
2014
No ano do noso X aniversario acollemos a tres novas hipócritas:
Paula Vázquez, Natalia Fernández e Ángeles Muries.





 
GALA X ANIVERSARIO, UNHA NOITE CHEA DE SORPRESAS!
Para inaugurar o noso espazo artístico e como remate dos actos do noso X aniversario, o 27 de decembro, ZOOTROPA, JOSE LEON e o MAGO RAFA, obsequiáronnos con música en directo, danza e maxia. Un fermoso agasallo que compartimos con amigos e colaboradores. Grazas a todas e todos os que fixestes posibles estes dez anos de historia!!!
José León
Mago Rafa


Zootropa


José León con tres hipócritas

Hipócritas con artistas invitados ó remate da gala

RADIO-TEATRO
(Cadena Ser - Proxecto Buxiganga)


“Perry Manson e o estraño caso do seu Cordeiro” foi a nosa  primeira incursión no radio teatro. A peza, unha comedia negra de suspense cun cariz xudicial ambientada no New York dos anos 50, emitiuse o día 27 de decembro, coincidindo coa celebración do noso X Aniversario.
 
 XORNADAS FEGATEA
Participamos nas IX Xornadas de Teatro organizadas por FEGATEA, nas mesas de debate e no obradoiro de lecturas dramatizadas dirixido por Joao Vaz de Comedias do Minho. (27 e 28 de setembro)

Charly e María nunha das mesas de debate con compañeiros/as da FEGATEA.


Charly, Oscar e Natalia con compañeiros/as doutros grupos federados na presentación do traballo do obradorio.
 
CONTAXIARTE
A nosa primeira actividade para nenos e nenas.
MÁIS INFORMACIÓN
Nenas/os que participaron en Contaxiarte con Elea e Rocío.
 
FORMACIÓN
Organizamos un  
 CURSO DE INICIACIÓN Ó TEATRO PARA ADULTOS, impartido por Elea López, os días 23 e 24 de agosto.

Asistimos ós cursos organizados por FEGATEA: Iluminación (21 e 21 de xuño, Salón Teatro, Santiago, impartido por técnicos do CDG), interpretación e dirección (última semana de xuño e 1º de xullo, respectivamente, ESAD, Vigo, impartidos por profesorado da Escola).

 
ARDE LUCUS
"Microteatro" clásico nas prazas de Lucus


Este ano decidimos facer unha homenaxe ó teatro clásico poñendo en escena nas prazas da cidade fragmentos de "Las dos báquides" de Plauto e "Las nubes" de Aristófanes con varios pases ó longo do día. Xa á noitiña, algo máis lixeiro, un monólogo cómico sobre a mitoloxía greco-romana no templete da Praza Maior.

 
ENTROIDO ESCÉNICO
Honramos a Santo Entroido participando, un ano máis, no Entroido escénico, organizado pola Concellería de Cultura de Lugo, con "Xuízo para-lelos", unha parodia esperpéntica sobre a relación entre xustiza e casa real. Nesta ocasión contamos coa inestimable colaboración de Chus Expósito e José Mª Fernández como artistas convidados.